Evento: Hamelin

Hamelin
sábado, 27 xuño, 2026 - 20:30
Praza Maior,
Xinzo de Limia
Un espectáculo familiar a cargo de Fran Rei

Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelin, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas da vila seguiron o músico hipnotizados/as polo doce son da súa frauta. Así foi como sempre nola contaron, pero... Todos os nenos e nenas foron detrás do frautista? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.

Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal A verdadeira historia de Hamelin, en colaboración con Avelino González e dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Nesta montaxe, Fran Rei mestura narración oral, maxia, un chisco de música, unhas faíscas de lingua de signos e moito humor na súa particular revisión da popular lenda alemá do frautista de Hamelin.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Un saco de contos
20 de xullo, 11:00
Praza de Macías - Padrón - A Coruña
Antuán de la Cream
20 de xullo, 21:00
Praza de Macías - Padrón - A Coruña
Enredos
20 de xullo, 21:00
Agramuíña. Escarabote - Boiro - A Coruña
A historia de Martín
21 de xullo, 11:00
Praza da Constitución - San Cibrao das Viñas - Ourense