Evento: A historia de Martín

A historia de Martín
martes, 21 xullo, 2026 - 11:00
Praza da Constitución,
San Cibrao das Viñas

A historia de Martín

Un espectáculo de teatro musical a cargo de Animar-T Teatro

Martín, o neno protagonista, é coñecido por ser un burro. É a etiqueta que lle puxeron dende ben pequeno. Tanto o repetiron, que acabou por crelo. No colexio, os seus compañeiros non deixan de mofarse de él, a súa profe sempre lle está a rifar e nas clases abúrrese moitísimo... Pero un día atopará un lápis máxico que cambiará a súa vida para sempre.

Un conto onde aprendemos o valor da confianza nun mesmo. Nun mundo onde, con esforzo e ilusión, podemos lograr todo o que nos propoñamos.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría e dirección: Miguel Strada

Escenografía, deseño de son e iluminación: Animar-T

Vestiario: Corte e Confección Sanlés

Música: Varios autores con adaptacións de Miguel Strada

Coreografía: Animar-T

Elenco artístico: Miguel Strada e Xiada Sanlés 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Historias para escagarriñarse
27 de agosto, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
Dende arriba
27 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
Hoxe si!
27 de agosto, 20:00
Campo dos Subarreiros - Neda - A Coruña
Tributo 70's e 80's
27 de agosto, 21:00
Praza de Galiza - Arzúa - A Coruña