Evento: Don Gelati

Don Gelati
martes, 21 xullo, 2026 - 20:00
Parque das Pías,
O Rosal

Don Gelati

Espectáculo de maxia a cargo de Dani García. 

Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e cun entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa, sinxelo e directo, con grande mobilidade, sen necesidades técnicas externas e practicamente sen límites para a fantasía.

Desde que en 2004 Dani García fundou a súa propia compañía co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectáculos, o prestixio do seu nome non deixou de medrar. Na actualidade e logo de máis dunha década de traballo, Dani García compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos, recollendo así os froitos da súa formación nas diversas ramas da interpretación e da escena, unha bagaxe que lle permite crear producións propias que son auténticas obras de teatro máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai do ilusionismo algo intanxible, pero próximo para o público. O seu recoñecemento déixase ver nos galardóns que ten recollido no Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

antuan de la cream
Antúan de la Cream 
26 de agosto, 12:00
Espazo Cultural Lorenzo Varela - Monterroso - Lugo
Cambia o conto
26 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
Historias para escagarriñarse
27 de agosto, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
Hoxe si!
27 de agosto, 20:00
Campo dos Subarreiros - Neda - A Coruña