Evento: Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Danza 3 | Cantigas e Agarimos
venres, 5 xuño, 2026 - 19:00
Exteriores da Piscina Municipal de Sigueiro,
Oroso

Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Actuación das pandeireteiras da agrupación Cantigas e Agarimos, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

A agrupación de danza e música tradicional Cantigas e Agarimos sae ao encontro do público en Sigüeiro, para ofrecer un repertorio de pezas recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de pandeireteiras.

A actuación enmárcase dentro da 14ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de outubro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotiá deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

En caso de choiva, a actuación celebrarase no Auditorio de Sigüeiro.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Costureiriña bonita
6 de xuño
Salón Teatro
Cabaré Climático
6 de xuño
Teatro da Beneficencia
A forza da queimada
9 de agosto
Carballeira de Caldas de Reis