Evento: Con lingua propia
Con lingua propia
venres, 14 agosto, 2026 - 11:00
Instalacións culturais e deportivas do Conco,
Dumbría Con lingua propia
Espectáculo de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso
Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia.
Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escena galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción!
Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.
Peter Punk traballou acompañado do filólogo Brais Gutiérrez para presentar este novo espectáculo que xira arredor da nosa lingua, construíndo así un referente para o público miúdo dende a comedia.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
10 de agosto, 22:00
San Pedro da Ribeira - Baños de Molgas - Ourense
11 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
11 de agosto, 20:00
Campo de San Francisco - Ribadeo - Lugo
