Evento: Cabaret infantil acuático

Cabaret infantil acuático
martes, 4 agosto, 2026 - 20:30
O Cantón da Leña,
A Pobra do Caramiñal

Cabaret infantil acuático

Un espectáculo a cargo de Nelson Quinteiro Producións

Un pasarrúas de danza e cabaré inspirado nos areais de principios do século XX, a ritmo de swing e manouche, cun vestiario e atrezzo que nos levan directamente á Biarritz, á Marsella, á Donostia dos anos 20.

Cabaret infantil acuático combina a animación de rúa co cabaré e a danza, nunha proposta con estética marítima e modernista e música swing-manouche, construíndo un espectáculo moi visual, alegre e desenfadado, para todos os públicos, que nos emocionará facéndonos sentir o son da auga e as sensacións de mollarnos, refrescarnos e mergullarnos nunha festa acuática. Empregamos aspersores, sprays, mangueiras ou regadeiras; toallas, panos e balóns de praia. E auga, moita auga!

Con vestiario de última xeración confeccionado con tecido de nanotecnoloxía hidrófuga, unha caracterización moi recoñecible e un elenco que goza, vibra, entra no personaxe e ofrece o mellor de si neste espectáculo de variedades, con coreografías corais, números individuais e xogos.

O noso Cabaret infantil acuático non é só unha innovadora proposta artística na que acabamos pingando tanto público como artistas, senón tamén unha experiencia inesquecible e moi divertida que transforma calquera espazo nun escenario costeiro cheo de frescura e diversión.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Don Gelati
5 de agosto, 18:00
Praza do Concello - A Mezquita - Ourense
ce_orquestra_pantasma
Cé Orquestra Pantasma
5 de agosto, 19:00
Praza do Concello - A Mezquita - Ourense
Sherezade, Aladino e os tres beduinos
5 de agosto, 20:00
Parque do Principiño - Neda - A Coruña
Vértigo 
5 de agosto, 20:00
Praza do Cantón - Chantada - Lugo