Evento: Carapuchiña

Carapuchiña
sábado, 8 agosto, 2026 - 17:00
Carballeira de Ribadumia,
Ribadumia

Carapuchiña

Un espectáculo familiar a cargo de Pedras de cartón

Pedras de cartón presenta Carapuchiña, o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm. Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares.

Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. A partir de esta situación xogamos a desarmar os contos que todos coñecemos: Os tres porquiños, Brancaneves, O parrulo feo, Brancaneves, Pinocho... e a Carapuchiña Vermella.

Carapuchiña é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga a desarmar a historia cunha linguaxe para toda a familia,  ambientada no mundo da panadaría tradicional.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | O Fiadeiro
12 de setembro
Praza de Bugallal
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
20 de setembro
Praza do Concello
Danza 3 | Xacarandaina
3 de outubro
Paseo marítimo de Moaña