Evento: As mil e unha
As mil e unha
As mil e unha
Un espectáculo de Vero Rilo con Culturactiva
Unha peza infantil e familiar que permite achegarlle á xente miúda da casa a obra de Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e máis na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
7 de agosto, 18:00
Praia Fluvial - Vilariño de Conso - Ourense
7 de agosto, 19:00
Parque do Espiñeiro. Portonovo - Sanxenxo - Pontevedra
7 de agosto, 20:00
Praza Castelao - Corcubión - A Coruña
7 de agosto, 20:00
Praza das Palmeiras - Caldas de Reis - Pontevedra