Evento: As mil e unha

As mil e unha
xoves, 30 xullo, 2026 - 19:30
Xardíns da Casa de Correos,
Arzúa

As mil e unha

Un espectáculo de Vero Rilo con Culturactiva

Unha peza infantil e familiar que permite achegarlle á xente miúda da casa a obra de Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e máis na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A volta a Galicia en 313 concellos
1 de agosto, 12:00
Toural Vilar de barrio - Vilar de Barrio - Ourense
The Homens
1 de agosto, 12:30
Parque da Hortiña. Limodre - Fene - A Coruña
Trasnadas revolucionarias
1 de agosto, 16:00
O Muíño - Sarreaus - Ourense
Pablo Vila
1 de agosto, 19:30
Praza do Camiño - Portomarín - Lugo