Evento: A verdadeira historia de Hamelín

A verdadeira historia de Hamelín
mércores, 8 xullo, 2026 - 20:15
Alameda de Raxoi,
Pontedeume

A verdadeira historia de Hamelín

Un espectáculo de teatro circense a cargo de MeRe Clown

Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor, son as chaves desta adaptación circense do clásico conto O frautista de Hamelín, no que descrubriremos o que aconteceu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.

Xa coñecedes a historia que querían facervos saber… é hora de coñecer A verdadeira historia de Hamelín, un contacontos circense con malabares, equilibrios e moito humor.

 

Elenco artístico: David Merelas é MeRe Clown.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A maxia dos libros
16 de xuño, 11:30
Centro de Día - Miño - A Coruña
A tola academia de maxia de Charly Braun
7 de xullo, 21:00
Praza do Concello - Baiona - Pontevedra
Dous Ilusionistas cunhas maxias subversivas
18 de xullo, 20:00
Praza Arquitecto Antonio Palacios - O Porriño - Pontevedra
A historia de Martín
21 de xullo, 11:00
Praza da Constitución - San Cibrao das Viñas - Ourense