Evento: Conmemoración do Día Internacional dos Museos

Conmemoración do Día Internacional dos Museos
luns, 11 maio, 2026 a venres, 22 maio, 2026
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Conmemoración do Día Internacional dos Museos

Celebración do DIMU 2026

Para o Día Internacional de los Museos 2026 (18 de mayo), o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense forma parte da programación especial da Dirección Xeral de Cultura baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", incluíndo actividades durante varios días, con música e conferencias. Todas son de balde e sen inscrición previa.

Luns 11 de maio

Conferencia do ciclo “Arqueoloxía en monodose”

19:30h

Conferencia dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose": Da arquitectura á arqueoloxía das igrexas altomedievais hispánicas. Por Mª Ángeles Utrero.

Mércores 13 de maio

A peza do mes

20:00h

Presentación pública da peza do mes de maio: "Placa de cinto (Oimbra)”.

Luns 18 de maio

Conferencia do ciclo “Arqueoloxía en monodose”

19:30h

Conferencia dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose": A moeda na Alta Idade Media en Galicia. Por Antonio Roma.

Venres 22 de maio

Concerto do Dúo Raíces

19:00h

No claustro novo do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Imaxe
Cal é a túa BD favorita?
10 de marzo a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
LecturArte
10 de marzo a 17 de xuño
Museo de Belas Artes