Evento: Día Internacional dos Museos 2026
Día Internacional dos Museos 2026
Para o Día Internacional de los Museos 2026 (18 de mayo), o Museo Etnolóxico de Ribadavia forma parte da programación especial da Dirección Xeral de Cultura baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", incluíndo actividades durante varios días, con visitas guiadas, obradoiros e música, integrando a tradición e o patrimonio.
Sábado 16 de maio e luns 18 de maio
Visitas didácticas “As dúas metades dun mesmo mundo”
12:00h e 17:00h
A actividade consiste nunha visita guiada para todos os públicos, percorrendo tres zonas expositivas do MER: “Pesca: o río divide pero une”, “Cerámica: cada peza rota espera ser reencontrada” e “Liño: o fío conecta dúas partes”. As persoas asistentes participarán tamén nunha instalación con pezas de cerámica partidas. Escollendo unha metade, buscarán á súa parella, encaixándoas e escribindo algo que desexen unir no mundo. A intención é transformar pezas rotas nun mosaico de desexos.
Venres 15 de maio
Concerto de "Crúas".
19:30h.
Con motivo do Día das Letras Galegas, terá lugar a actuación de Crúas no Museo Etnolóxico (Ribadavia).
Crúas é un proxecto musical nado en Galicia que lle dá nova vida á poesía galega, poñendo voz e música a versos de autoras e autores como Rosalía de Castro ou Luz Pozo Garza. A través de ritmos actuais e tradicionais, Alba Ermida e Iria San Marcial achegan a poesía ao público de todas as idades, creando un espectáculo emotivo e cheo de sensibilidade no que a palabra e a música se funden para celebrar a nosa lingua e cultura.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Sábado 16 de maio
Obradoiro “Cianotipia, as primeiras fotografías”
11:30h e 16:00h
Pensado para asistentes de entre 6 e 12 anos, con esta actividade búscase descubrir como nacen as primeiras fotografías e facer unha viaxe ao pasado a través da técnica da cianotipia, un dos métodos fotográficos máis antigos. Neste obradoiro, as nenas e nenos aprenderán a crear imaxes empregando produtos fotosensibles e a luz do sol, do mesmo xeito que facían as primeiras persoas fotógrafas e científicas do século XIX. A actividade combina ciencia, arte e patrimonio, permitindo explorar os saberes que garda o museo a través da experimentación e da creatividade.



