Evento: A guerra na literatura
A guerra na literatura
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica A guerra na literatura, unha exposición que reúne 90 obras que percorren diferentes épocas e conflitos, desde a Ilíada ata as crónicas do Rif español, pasando polas Grandes Guerras e a Guerra Civil. A selección inclúe novelas, memorias e ensaios que reflexionan sobre o absurdo da guerra, o sufrimento da poboación civil e a importancia de reconstruír a memoria colectiva a través da literatura.
A mostra propón unha reflexión sobre o valor da paz e o papel dos libros como espazo de lembranza e aprendizaxe das experiencias humanas en contextos de conflito. Pode visitarse no segundo andar da biblioteca do 6 de abril ao 6 de xuño de 2026, no horario de apertura do centro.
Máis eventos de tipo Exposición



