Evento: A guerra na literatura

A guerra na literatura
luns, 4 maio, 2026 a sábado, 6 xuño, 2026
Avenida de Xoán XXIII,
Santiago de Compostela

A guerra na literatura

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica /A guerra na literatura/, unha exposición que reúne 90 obras que percorren diferentes épocas e conflitos, desde a /Ilíada/ ata as crón...

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica A guerra na literatura, unha exposición que reúne 90 obras que percorren diferentes épocas e conflitos, desde a Ilíada ata as crónicas do Rif español, pasando polas Grandes Guerras e a Guerra Civil. A selección inclúe novelas, memorias e ensaios que reflexionan sobre o absurdo da guerra, o sufrimento da poboación civil e a importancia de reconstruír a memoria colectiva a través da literatura.
A mostra propón unha reflexión sobre o valor da paz e o papel dos libros como espazo de lembranza e aprendizaxe das experiencias humanas en contextos de conflito. Pode visitarse no segundo andar da biblioteca do 6 de abril ao 6 de xuño de 2026, no horario de apertura do centro.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés