Evento: Odiseicas, as que tecen a historia

  • Narración oral na conmemoración do Día das Letras Galegas no Castro de Viladonga
Odiseicas, as que tecen a historia
mércores, 20 maio, 2026 - 11:00
Museo do Castro de Viladonga,
Castro de Rei

Odiseicas, as que tecen a historia

Conmemoración do Día das Letras Galegas

Odiseicas é un espectáculo de narración oral escénica inspirado na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, a autora á que se lle dedica as Letras Galegas 2026, ao través da narración de Soledad Felloza.

A través de historias adaptadas segundo o público, Morganas, Circes, Penélopes e outras mulleres toman a palabra para contar a súa versión da historia.

Personaxes tradicionalmente relegadas aos marxes dos relatos canónicos ocupan aquí o centro da narración. Así, o espectáculo propón unha revisión crítica do imaxinario clásico, ofrecendo referentes diversos e igualitarios sen renunciar á potencia poética do mito.

Concibido para espazos teatrais, o formato baséase na presenza da narradora, na palabra dita e na construción dun espazo simbólico a través da voz e do corpo. Os fíos aparecen como metáfora central: se na tradición foron símbolo de espera, aquí transfórmanse en camiños, pontes e ás.

Haberá dúas quendas, adaptadas á idade e á capacidade de escoita da asistencia:

- Ás 11:00 h para alumnado de Educación Primaria (duración aproximada 50 minutos)

- Ás 12:00 h para alumnado de Educación Infantil (duración aproximada 45 minutos)

Esta é unha actividade en colaboración coa Microrrede de bibliotecas escolares.

A reserva previa pódese facer no teléfono 982 870 160

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
transparentar
Galicia Escena PRO: Transparentar
25 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea