Evento: Roland mon amour
Roland mon amour
Imaxinade que estou en escena soa co meu sinte e estou acojonada. En realidade, fago dunha tía moi nerviosa que se vai enfrontar a algo moi heavy. Non hai nada heavy na miña selección musical, pero intento ser un pouco punkarra porque iso sempre é aplaudido nas performances. Penso no punki e só vexo ao tipo con cresta que sempre se me quedaba mirando no Maycar. Estou en escena soa sen cresta e querendo que a xente diga: esta tía é moi punki. Os punkis que coñecín non reciclaban, tiraban os pitillos ao chan e levaban pantalóns apertados con cadeas.
A min gústanme os pantalóns folgados tipo slouchy e reciclo ata a miña regra, así que renuncio definitivamente a ser punki. Imaxinade que empezo escusándome como cando vas falar en inglés e dis "sorry for my English", porque isto que me propoño é moi difícil. Entón, imaxinade que eu o sei e que vós tamén o sabedes, pero todas somos moi educadas e asumimos que pode darse o acontecemento, e desexamos que suceda algo e que non nos entre o sono.
Obxectivo principal: que a miña audiencia non se durma. Entón podo optar por facer algo entretido, para que o meu público non se durma ou podo xerar un ritmo frenético ata incluso crearlles certa ansiedade. Isto último non é un desexo moi nobre para unha artista que se considera hedonista e que só quere facer que a xente o pase ben. O obxectivo podería ser que o público saíse de verme con ganas de bailar e iso xa me gusta máis. Que digan: saín de ver a movida esa de Roland mon amour con ganas de partir a pana e superconcienciada.
Ficha artística:
Texto, dirección e reparto: Cris Balboa
Dramaturxia: Cris Balboa e Alberto Cortés
Intervención artística no espazo: Mauro Trastoy
Iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Gloria Trenado
Espazo sonoro: Cris Balboa
Son: Óscar Villegas
Axudante dirección: Alberto Cortés
Axudante de son: Fran Lefrenk
Deseño de cartel: Emilio Lorente
Tráiler e fotografías: Bárbara Sánchez Palomero
Venta de entradas en la web de la Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Máis eventos de tipo Espectáculo


