Evento: XIV Concurso de Relatos: "Artigo-desexo"
XIV Concurso de Relatos: "Artigo-desexo"
XIV Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo convocado co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio)
Temática: “Artigo-desexo”
Con esta proposta temática convidan aos participantes a imaxinar que un novo xénero periodístico ten xurdido e que son xornalistas que poden relatar o que acontece no mundo como lles gustaría que fose e que isto se fixera realidade: o fin dunha guerra, un descubrimento científico, un acordo sobre medidas contra a contaminación e o cambio climático, ... Diso se trata ARTIGO-DESEXO, con detalles, os personaxes protagonistas, lugares, e momentos para poñernos en situación. Mesturar relato e xénero periodístico creando unha especie de CRÓNICA que narre os feitos que imaxinen.
- Idioma: galego.
- Participantes: nenas e nenos de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Establécense 5 categorías:
_Categoría A: nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria.
_Categoría B: nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria.
_Categoría C: nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria.
_Categoría D: nenas e nenos de 1º e 2º de E.S.O.
_Categoría E: nenas e nenos de 3º e 4º de E.S.O.
Prazo de recepción dos traballos: aberto ata o 21 de abril de 2026
Máis información no anexo e na páxina do Museo Liste: https://museoliste.org/blog/



