Evento: Voces do Pacífico

Voces do Pacífico
venres, 5 xuño, 2026 a domingo, 29 novembro, 2026
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Voces do Pacífico

*Voces do Pacífico* reúne máis de 200 obxectos procedentes das coleccións do British Museum, unha das máis relevantes de arte de Oceanía a nivel internacional. A exposición propón un achegamento ás culturas do ...

Voces do Pacífico reúne máis de 200 obxectos procedentes das coleccións do British Museum, unha das máis relevantes de arte de Oceanía a nivel internacional. A exposición propón un achegamento ás culturas do Pacífico situando os seus pobos no centro do discurso expositivo, poñendo en valor tanto pezas históricas como un conxunto significativo de obras de artistas contemporáneos oceánicos que reinterpretan e manteñen vivas as tradicións ancestrais. 
A mostra estrutúrase en sete ámbitos temáticos que permiten afondar na diversidade cultural, artística e espiritual de Polinesia, Melanesia e Micronesia, abordando prácticas como o tecido, a danza, o tallado, a navegación ou as loitas polo territorio e os recursos.
Ao longo do percorrido, a exposición preséntase como un convite á reflexión e á acción, salientando a creatividade, a innovación e a resiliencia que caracterizan estas comunidades. Desde unha perspectiva contemporánea, o discurso establece unha conexión directa cos retos globais actuais, especialmente co impacto do cambio climático, que ameaza de forma crítica a supervivencia de moitas illas do Pacífico debido á subida do nivel do mar.
Deste xeito, Voces do Pacífico configúrase como un recoñecemento ás culturas oceánicas ancestrais como fonte de coñecemento fundamental para afrontar os desafíos medioambientais do presente.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés