Evento: Xela e o dragón traga-verbas

Xela e o dragón traga-verbas
sábado, 16 maio, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Lalín

Xela e o dragón traga-verbas

Espectáculo de monicreques a cargo de Títeres Cachirulo

A protagonista, Xela, unha nena de 9 anos, ten que liberara os seus compañeiros de escola atrapados polo malvado Demo Luciferino que, valéndose do Dragón Dracus traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Para iso Xela e os seus compañeiros de escola, teñen que enfrontarse o Luciferino e convencer Dracus Cus Cus do terrible mal que esta causando.

Espectáculo de aventuras que trata a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sen Patrón
21 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Os senteito
28 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Natureza e Cultura
31 de xullo, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Na procura da canción perdida
4 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo