Evento: Made in Galiza

Made in Galiza
venres, 22 maio, 2026 - 20:30
Fórum Metropolitano,
A Coruña
Espectáculo a cargo da compañía Sarabela Teatro

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da", MADE IN GALIZA é un convite á República Indenpendente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba, sábeo!

A obra de Séchu Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de Ensino Medio de Galicia), Sarabela quere comprometerse con ese universo creado polo autor no que a verdadeira protagonista é a nosa lingua, secundando esta aguerrida proposta na necesaria defensa dese tesouro que é a lingua galega.

A obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 foi elixida como Libro do Ano no 2017, e xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura. Foi Castelao quen dixo: "se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma". 

 

Ficha artística

Autor: Séchu Sende

Dirección: Fina Calleja

Adaptación: Fernando Dacosta e Fina Calleja

Escenografía: Amenos de7metros

Deseño son e música: Renata Codda Fons

Deseño iluminación: José Manuel Bayón

Vestiario: Tegra e Lele

Elenco artístico: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Josito Porto e Sabela Gago

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A banda dos insectos
A Banda dos Insectos
6 de febreiro, 19:00
Teatro Municipal de Tui - Tui - Pontevedra
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
6 de febreiro, 19:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense
Brazaletes
Brazaletes
6 de febreiro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
A Historia Vaxenial
A historia vaxenial
6 de febreiro, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña