Evento: As palabras perdidas

As palabras perdidas
venres, 15 maio, 2026 - 10:00
Fórum Metropolitano,
A Coruña
Espectáculo de teatro a cargo de Inventi Teatro

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como "ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto.  

As palabras perdidas é un espectáculo de teatro que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiás. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Bea Campos

Escenografía: J.M. Sagüillo

Deseño son: María Alonso Costas

Vestiario: Ali Otero

Elenco artístico: Bea Campos e Marcos Alonso

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | Xacarandaina
4 de xullo
Campo da festa
Os Rizos de Lía
4 de xullo
Espazo Lorenzo Varela
Danza 3 | O Fiadeiro
4 de xullo
Ermida
Peque Disco Moc Moc
4 de xullo
Campo de San Francisco