Evento: Ceibe

Ceibe
xoves, 30 abril, 2026 - 21:00
Salón Teatro,
Lalín
Espectáculo de danza de Fran Sieira-Compañía de danza

CEIBE afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiáns, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

 

Ficha artística

Autoría: Francisco Sieira González

Dirección: Francisco Sieira González Sergio R. Suárez

Escenografía: Laura R. Iturralde

Iluminación: Fidel Vázquez

Son: Isaac Millán

Vestiario: Érica Oubiña

Música: MounQup (Camille Hedouin)

Elenco: Cristina Canosa, Aida Tarrío, Adela Otero, Artur Puga,  Martín Mondragón, André Adrio, Patricia Sánchez, Adrao Casal, María Montero

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril, 18:00
Multiúsos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Crisálida
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra