Evento: Singularia
Singularia
Singularia
Espectáculo teatral a cargo de Maxia na Manga
SINGULARIA: Daquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.
SINGULARIA é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro.
SINGULARIA non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida o público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
18 de abril, 18:00
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
18 de abril, 19:00
Auditorio Afonso Eanes do Cotón - Negreira - A Coruña
18 de abril, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
