Evento: Transeúnte
Transeúnte
TRANSEÚNTE é un espectáculo no que brilla o diálogo entre a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea, e os seus contextos. Invita a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construír un contexto único, cunha visión xuvenil, fresca e actual da simbiose entre tradición e contemporaneidade.
O termo “transeúnte” fai referencia a estar de paso, a non residir senón temporalmente nun lugar. Por iso, poñemos o foco na dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos da nosa xeración atravesados polo folklore e a tradición, integrando influencias do noso contexto actual.
TRANSEÚNTE reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición e o folklore neste mundo globalizado no que aínda habita a sabedoría innata dos nosos instintos. Celebra a diversidad cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e invítanos a unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.
TRANSEÚNTE é un espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego.
Ficha artística
Autor e director: Daniel Rodríguez
Deseño son: Javier Carreño e Acacia Ojea.
Deseño iluminación: Mauricio Pérez Fayos
Vestiario: Sheila Pérez
Música: Aida Tarrío e Artur Puga
Coreografía: Daniel Rodríguez
Elenco artístico
Intérpretes: Javier de la Asunción, Andrea Pérez, Laura García e Daniel Rodríguez.
Músicos en directo: Aida Tarrío e Artur Puga.
Voz: Aida Tarrío e intérpretes.
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Auditorio Casa da Cultura de Vimianzo
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios