Evento: O 90% é verdade

O 90% é verdade
domingo, 12 abril, 2026 - 19:00
Auditorio Lois Tobío,
Gondomar
Un monólogo de Isi

O curioso caso dunha familia con tres nais e un feixe de peculiares veciños. 

O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. 

As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus histriónicos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecerse dos mellores chistes de sempre. Isi é un habitual dos programas da Televisión de Galicia.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Xela e o dragón traga-verbas
16 de maio, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
O proceso
O proceso
16 de maio, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
Os dous de sempre
Os dous de sempre. O regreso
16 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O arcón de Noa
O arcón de Noa
17 de maio, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo