Evento: 30 anos a contar historias. Notas de rodapé

30 anos a contar historias. Notas de rodapé
venres, 10 abril, 2026 - 20:30
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil,
Muros

30 anos a contar historias. Notas de rodapé

Un espectáculo de Quico Cadaval

Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da imaxinación. Tende a perderse e a reatoparse, sempre coa axuda do público. Os seus espectáculos pertencen a un movedizo mundo escénico que foi definido de distintas maneiras. Teatro da palabra, narración oral escénica ou literatura ao vivo, foron alguns dos xeitos de designalo. É un espectáculo mestizo entre o conto de lareira, o cabaret literario e o teatro épico. 

Escoitar historias de viva voz é unha das maneiras mais económicas de viaxar. A imaxinación da persoa que escoita na penumbra sobe como unha bolla de xabón, seguindo, ás veces coa lingua de fóra, a imaxinación do contador. Outras veces as bollas de xabón do público únense e fórman a imaxinación colectiva. A forza do público, neses casos, faise poderosa e adianta a tímida imaxinación do contador, desprezando o perigo das curvas, rebordando os límites da realidade. Contar e escoitar historias é un camiño ao inesperado.

Por iso, en NOTAS DE RODAPÉ, Quico Cadaval, ademáis de revelar os trucos e segredos do oficio, reclama a colaboración e o protagonismo do público. Os contos están feitos de anacos, de memorias, de lembranzas instantaneas, de experiencias inventadas. Pode tratarse da letra dun libro que entrou con sangue, da lembranza dun terror infantil ou dunha escena de western. As historias énchense de prólogos e epílogos, mais sobre todo, de notas de rodapé. Comentarios para facer o conto máis divertido, máis elocuente, máis esclarecedor. Quico Cadaval, no transcurso do show, reclamará do público que faga perguntas, que o interroguen, que o obriguen a revelar o que nunca contou. E Cadaval responderá, mais a resposta sempre será outro conto, que se xunta ao conto infinito da humanidade. O espectáculo comeza cun morto nunha encrucillada, (a historia que máis veces contou) e remata co conto máis fermoso do mundo. Polo medio, o que mande o público.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Quico Cadaval

Deseño iluminación: Pepe Quintela

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O autoestopista intergaláctico
3 de abril, 16:45
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo