Evento: Alta costura

  • alta_costura
Alta costura
sábado, 18 abril, 2026 - 20:30
Auditorio Gabriel García Márquez,
Oleiros
Un espectáculo teatral de Elefante Elegante

ALTA COSTURA é un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. ALTA COSTURA dá unha especial importancia aos mecanismos de venda e á relación contemporánea que o grande público ten co acto de mercar e de tirar roupa. ALTA COSTURA é unha creación de teatro físico e visual que se detén detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía do mercado e a rapidez con que os produtos son desvalorizados e se transforman en lixo altamente contaminante. 

 

Ficha artística

Autor: Tiago Alves Costa

Dirección e adaptación: María Torres e Gonçalo Guerreiro

Escenografía: Gonçalo Guerreiro

Deseño son: Gonçalo Guerreiro

Deseño iluminación: Laura Duarte

Vestiario: Carolina Díguele

Música: Varios autores / Manuel Fonte

Coreografía: Gonçalo Guerreiro

Elenco artístico: María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira e Raquel Crespo

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sen Patrón
21 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Os senteito
28 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Natureza e Cultura
31 de xullo, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Royal
25 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo