Evento: Alén

  • alen
Alén
venres, 20 febreiro, 2026 - 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo coproducido por Colectivo Glovo e o Centro Coreográfico Galego

Alén é unha creación escénica de danza contemporánea con catro intérpretes que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como destino, senón como proceso: o momento no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir, transformada. Nunha proposta dancística dinámica e enerxética, móvese na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.

Sinopse

Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe por dentro. Non sabemos ben o que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O derradeiro respiro antes do salto. Nese intre, entre o derrube e o renacemento, nace Alén.

Ficha artística

Dirección e autoría: Esther Latorre e Hugo Pereira

Coreografía: Esther Latorre

Repetidora: Estefanía Gómez

Interpretación: Esther Latorre, Paula Urquijo, Xián Martínez e Marc Fernández

Asesoría de movemento (danza tradicional): Iván Villar

Espazo sonoro: José Pablo Polo

Espazo lumínico: Xacobo Castro

Vestiario: Adolfo Domínguez

Fotografía: Sabela Eiriz

Produción: Hugo Pereira · Colectivo Glovo

Coprodución: Colectivo Govo e Centro Coreográfico Galego (Axencia Galega das Industrias Culturais · Xunta de Galicia) · Teatro Ensalle · Concello de Lugo · Concello de Ames · Seattle International Dance Festival · Teatro de Vila Real (Portugal) · Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal).

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O arcón de Noa
O arcón de Noa
20 de febreiro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
As desterradas
As desterradas
20 de febreiro, 20:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
Oh, mammi blue!
Oh, Mammi Blue!
20 de febreiro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Reconversión
Reconversión
20 de febreiro, 20:30
Auditorio Municipal de Cedeira - Cedeira - A Coruña