Evento: Exposición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

Exposición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas
venres, 14 novembro, 2025 a sábado, 13 decembro, 2025
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Exposición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

Proxectos gañadores da XIII edición dos premios Antonio Fraguas Fraguas

 

Desde o 14 de novembro ata o 13 de decembro poderá verse no Museo do Pobo Galego a exposición dos proxectos gañadores da XIII edición dos premios Antonio Fraguas Fraguas: na categoría de ensino primario, o proxecto Viva o entroido vivo! Lingua, festa e comunidade, presentado conxuntamente polo CEIP Lamas de Abade, o CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela) e o CEIP Pérez Viondi (A Estrada); e na de ensino secundario, A sustentabilidade das artes de pesca a través do proceso de encascado de redes: o caso de Burela, do IES Monte Castelo (Burela).

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, promovido desde 2004 pola fundación homónima e patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pretende poñer en valor as pescudas sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico desenvolvidas no marco dos centros de ensino galegos.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8