Evento: Non pasarán

Non pasarán
sábado, 15 novembro, 2025 - 20:00
Pazo da Cultura,
Narón
Espectáculo teatral a cargo de Ártika Cía

NON PASARÁN desenvólvese nun país/lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida. O lema da cidadanía é claro: “Non pasarán” un chamado a non permitir a entrada de estraños nos fogares, que poderían poñer en perigo a súa integridade e a comunidade. Con todo, Cándido e a súa filla acollen a unha misteriosa parella na súa casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá. Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levará á destrucción, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar. Unha versión libre de Biedermann e os incendiarios de Max Frisch, que explora o auxe da extrema dereita, e convida a cuestionar o presente e a non permanecer indiferentes ante o perigo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sen Patrón
21 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Os senteito
28 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Natureza e Cultura
31 de xullo, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Na procura da canción perdida
4 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo