Evento: Clubs de lectura 2025-2026

Clubs de lectura 2025-2026
luns, 8 setembro, 2025 a luns, 15 setembro, 2025
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Clubs de lectura 2025-2026

O día 8 de setembro ás 9.00 h comeza o prazo de inscrición nos clubs de lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra e manterase aberto ata o 15 de setembro ás 21.00 h

  • Club “Voz de muller,” luns de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
  • Club de francés, martes de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
  • Club de castelán, mércores de 17.00 a 18.00 h (semanal)
  • Club de galego, xoves de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
  • Club de cómic, xoves de 19.30 a 20.30 h (mensual)
  • Club de castelán (mañás), xoves de 11.00 a 12.00 h (semanal)

Cada persoa soamente poderase inscribir nun club durante o primeiro prazo. Aquelas persoas que se inscriban en máis dun club soamente teráselles en conta a inscrición feita en primeiro lugar.

A partir do 22 de setembro, se quedasen prazas vacantes, abrirase un novo período de inscrición no que calquera persoa interesada poderá anotarse, mesmo aínda que xa forme parte doutro club.As persoas que non acaden praza en ningún club pasarán a formar parte da lista de agarda.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Imaxe
Cal é a túa BD favorita?
10 de marzo a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Non hai verán sen aldea
9 de xuño a 22 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense