Evento: A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo
xoves, 19 xuño, 2025 a domingo, 14 decembro, 2025
Museo de Belas Artes,
A Coruña

A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

Viaxe polo percorrido creativo do artista

Coincidindo coa dedicación do Día das Artes Galegas de este ano 2025 por parte da Real Academia Galega de Belas Artes á figura do artista Isaac Díaz Pardo, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo, comisariada polo seu fillo Xosé Díaz Arias e en colaboración co equipo técnico facultativo do Museo de Belas Artes da Coruña.

O título xorde das dúas grandes obras que Isaac realizou en distintas épocas da súa traxectoria artística sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema –que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino– evoca aquí o seu propio percorrido creativo, que vai desde as artes plásticas ao deseño industrial.

En cinco seccións amósase esa traxectoria, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira – de deseñador industrial – pasando pola etapa de transición plástica e a de estudo e posta en práctica dos sinais que transmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés