Evento: FESTICULTURA O MILLOR PARA PERDE-LA CORDURA

FESTICULTURA O MILLOR PARA PERDE-LA CORDURA
venres, 15 agosto, 2025 - 23:00
Rúas da vila,
Vilagarcía de Arousa

FESTICULTURA O MILLOR PARA PERDE-LA CORDURA

Espectáculo de música a cargo de Festicultores Troupe

Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores convirten cada festival ou verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo. Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa  mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. As atmósferas ciganas e festeiras coas que enchen as rúas e os escenarios fan que o público non deixe de bailar no que dura a festa. Están recomendados pola organización mundial da saúde. Cada espectáculo que fan prevén a depresión, artrosis, baixa o colesterol, activa o riego sanguíneo , etc.

Unha banda con 17 anos de historia e máis de 850 actuacións por varios países coma Portugal, Francia,Serbia, Polonia, España,cunha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa alá onde van a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

OS CARUNCHOS - Pasarrúas
27 de xullo, 12:30
Parque Rosalía de Castro - Friol - Lugo
Ecoralia a lambona ecolóxica
27 de xullo, 12:30
Adro de Santa María do Azougue - Betanzos - A Coruña
Asacocirco Show
27 de xullo, 18:00
Carballeira de Santa Mariña - Arzúa - A Coruña
Charlatán Rodríguez
27 de xullo, 20:00
Campo da Festa de Bertola - Vilaboa - Pontevedra