Evento: Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación

Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación
xoves, 30 abril, 2026 a xoves, 31 decembro, 2026
Rúa do Vilar, 7,
Santiago de Compostela

Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación

Comisariada por Carmen Becerra Suárez, especialista na obra do autor, a mostra propón un percorrido vital e creativo polas diferentes etapas de Torrente Ballester, desde a súa infancia en Ferrol ata os últimos ...

A Fundación Gonzalo Torrente Ballester inaugura o vindeiro 3 de xullo de 2025, ás 18:00 h, a exposición permanente Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación. Comisariada por Carmen Becerra Suárez, especialista na obra do autor, a mostra propón un percorrido vital e creativo polas diferentes etapas de Torrente Ballester, desde a súa infancia en Ferrol ata os últimos anos en Salamanca, ofrecendo unha mirada profunda a este autor poliédrico, un dos grandes nomes da literatura española do século XX. Reúne materiais bibliográficos, documentais e persoais dos fondos da Fundación, incluíndo primeiras edicións de obras emblemáticas como La saga/fuga de J.B., Los gozos y las sombras ou Don Juan, fotografías familiares, manuscritos, obxectos persoais, premios e recoñecementos. Ao final do percorrido poderá verse o documental GTB x GTB, realizado por Luis Felipe Torrente e Daniel Suberviola, que achega unha visión próxima e emocionante sobre o home, o escritor, profesor, crítico e guionista.

Máis eventos de tipo Exposición

A natureza das cousas
26 de marzo a 29 de agosto
Rúa do Vilar, 19
Imaxe
Begoña Caamaño, activista: mover os marcos, cambiar de xogo
6 de maio a 30 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal