Evento: Pavía 1525. 500 anos do nacemento dos terzos españois

  • Pavía 1525. 500 años del nacimiento de los tercios españoles
Pavía 1525. 500 anos do nacemento dos terzos españois
domingo, 18 maio, 2025 a sábado, 6 setembro, 2025
Museo Militar da Coruña,
A Coruña

Pavía 1525. 500 anos do nacemento dos terzos españois

Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

O domingo 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos 2025 abrirase ao público no Museo Histórico Militar da Coruña (praza Carlos I nº 1), a exposición Clicks Playmobil «Pavía 1525. 500 anos do nacemento dos terzos españois».

A exposición está organizada pola Asociación de Coleccionistas de Clicks Playmobil Galicia. Unha asociación de coleccionistas de xoguetes Playmobil que nace das inquietudes dun grupo de afeccionados e amantes dos clicks que no seu afán por divulgar este xoguete, sen ánimo de lucro, xera outra forma de ver o entretemento, a complicidade entre pais e fillos, e amplía a concepción participativa na cultura coa montaxe de exposicións itinerantes, neste caso no Museo Histórico Militar da Coruña cunha exposición sobre Os Terzos.

Además, co fin de alimentar un labor social nos hospitais da Sanidade pública galega, cada dous meses organizan pequenas exposicións temporais nas áreas de pediatría dos hospitais da Coruña, Lugo, Santiago e Vigo. Con estas pequenas mostras as nenas e nenos que pasan polo hospital teñen un lugar de recreo e distracción. Ademais, fan entrega de xoguetes aos nenos e nenas hospitalizadas para fomentar o xogo colectivo e a creatividade que permite un xoguete tan versátil como o Playmobil. Na actualidade PlaymoGalicia está integrada por uns 40 socios.

A Exposición permanecerá aberta ao público, de forma gratuíta, no horario habitual do Museo, de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas; e domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n