Evento: A volta ao mundo conto a conto

A volta ao mundo conto a conto
mércores, 2 abril, 2025 a venres, 2 maio, 2025
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

A volta ao mundo conto a conto

Exposición no primeiro andar

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, conmemorando a data do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de contos tan coñecidos como "O parrulo feo", "A princesa e o chícharo", "O soldadiño de chumbo"...

Na colección da biblioteca contamos cun fondo de reserva de literatura infantil e xuvenil, no que conservamos libros de contos do século XIX e principios do século XX. Con motivo da celebración desta efeméride internacional, a biblioteca pon en valor o seu fondo de reserva creando un mapa mundial no que percorremos, a través dos contos, a historia da literatura infantil e xuvenil.

Vídeo da exposición

Mapa interactivo

Primeiro andar.

A exposición poderá visitarse no horario de apertura da biblioteca.

  • A volta ao mundo conto a conto

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro