Evento: Bulebule
Bulebule
Bulebule
Espectáculo a cargo de Os Náufragos
Bulebule, é o novo espectáculo para público infantil a partir de 4 anos de Os Náufragos Teatro sobre o TDAH, o Trastorno do déficit de atención con hiperactividade.
Cando Candela Bulebule esperta comeza a enerxía! Mira todo, toca todo: non para! Tamén se distrae, dánase, perde cousas. Bulebule é un desastre! É impulsiva, torpe e descoidada... ou iso é o que di parte da súa familia, das súas amigas e da xente que tropeza con ela na rúa. Bulebule ten un motor dentro que nunca se apaga e ás veces sente mal porque cre que non pode facer algunhas cousas que outros nenas e nenas si poden. Aínda que Bulebule tamén é brillante, espontánea e cariñosa.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
23 de xaneiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
23 de xaneiro, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
23 de xaneiro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense
