Evento: Homenaxe a Xosé Vizoso

Homenaxe a Xosé Vizoso
sábado, 25 xaneiro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Homenaxe a Xosé Vizoso

Contacontos ilustrado da man de Polo correo do vento

Contacontos ilustrado en homenaxe a Xosé Vizoso para celebrar o Día da Ilustración 2025. Ao remate faremos, nun obradoiro de debuxo, a caricatura do autor homenaxeado.

Xosé Vizoso, nado en Mondoñedo en 1950, é un artista gráfico galego. En 1968 gañou o Premio Nacional de Escultura. Entre os seus labores destacan a restauración da catedral de Mondoñedo, entre 1966 e 1968, a conceptualización de pezas da cerámica galega Sargadelos ou a realización do cartel do Centenario do Celta de Vigo.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A forza da queimada
9 de agosto
Carballeira de Caldas de Reis
Biblioteatro (7-10 anos)
4 de outubro a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Biblioteatro (4 a 6 anos)
10 de outubro a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola