Evento: Biblioteatro (4 a 6 anos)

Biblioteatro (4 a 6 anos)
venres, 10 outubro, 2025 a sábado, 27 xuño, 2026
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Biblioteatro (4 a 6 anos)

Biblioteatro ten como finalidade ofrecer ás familias un espazo os sábados pola mañán onde a cativada pode desenvolver actividades de expresión e socialización que estimulan a súa capacidade creativa a través de diferentes actividades de animación teatral, expresión corporal e xogo dramático.

A actividade desenvolverase os sábados alternos do 4 de outubro  ao 27 de xuño.A actividade é continuada polo que é preciso acudir todos os sábados. A falta de asistencia continuada ou sen xustificación suporá a baixa na actividade.

Publico destinatario: infantil, de 4 a 6 anos

Data e hora: sábados alternos de outubro a xuño,  de 10.30 a 12.00.

Con inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 24 de septembro ás 9.00 h.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia