Evento: Obradoiro de creación de monicreques con material de refugallo

Obradoiro de creación de monicreques con material de refugallo
mércores, 4 decembro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de creación de monicreques con material de refugallo

A cargo de O Faiado de Nin

Que pode saír dun calcetín vello, dun guante ou dun retallo de feltro? Pois dándolle un pouco á cabeza e cun pouco de imaxinación poderemos dar vida a diferentes personaxes!! Poñerlle cara, pelo, vestilos, darlle nome e historia e...se dese tempo, poderiamos crear un conto en pequenos grupos.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
30 de xuño a 11 de xullo
Museo do Castro de Viladonga
Campamento con monicreques
30 de xuño a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola