Evento: Os contos do Lobicán

Os contos do Lobicán
sábado, 25 xaneiro, 2025 - 18:00
Auditorio Manuel María,
O Carballiño

Os contos do Lobicán

Espectáculo a cargo de Redrum Teatro

Os contos do Lobicán, é unha historia en verso, áxil e atrevida, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022. O espectáculo, que mestura interpretes reais con monicreques, está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, o espectáculo convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.

Os Contos do Lobicán é unha historia conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O dragón de ouro
13 de febreiro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Neura
13 de febreiro, 20:30
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Monstros
14 de febreiro, 18:30
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Nanai da china
14 de febreiro, 19:00
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña