Evento: Os tecidos e a escrita

Os tecidos e a escrita
martes, 1 outubro, 2024 a xoves, 31 outubro, 2024
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Os tecidos e a escrita

Mostra bibliográfica

Presentamos nesta mostra unha selección de obras que abranguen as relacións entre o mundo da arte téxtil e a literatura; narrativas sobre tecedoras, costureiras, fíos, bordados e tapices, nas que o labor téxtil se constitúe como axente fundamental na creación e transmisión cultural.
Esta mostra é unha invitación a explorar as posibilidades que ofrecen os tecidos, unha escolma de lecturas para tecer e destecer, para lecer e, de ser necesario, tamén para suturar.
A mostra estará dispoñible no terceiro andar desde o 1 ata o 31 de outubro durante o horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga
Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea