Evento: Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao
Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao
Exposición de produción propia.
A exposición presenta a doazón de 22 obras do artista Tomás Barros (Toledo 1922 - A Coruña 1986) realizada polos seus fillos, Tomás e Araceli Barros Cao, á Comunidade Autónoma de Galicia, que é custodiada no Museo de Belas Artes da Coruña, obras que amplían o coñecemento da súa faceta artística como pintor e gravador.
A doazón componse dunha colección de sete óleos, catro debuxos realizados en ceras de cores sobre papel, unha acuarela e dez estampas gravadas coa técnica da linografía.
A súa obra plástica está moi vinculada á creación intelectual que desenvolveu en disciplinas como o teatro, a poesía, o ensaio, os estudos de estética e de pensamento.
Tomás Barros tivo unha estreita vinculación co ambiente cultural da Coruña pola súa ampla tarefa docente ou polos seus vínculos con artistas e intelectuais galegos como Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Miguel González Garcés. En 1959 instálase na Coruña, onde desenvolve o seu proxecto plástico, froito da busca dun estilo persoal que se fundamenta na estética expresionista e cubista, cun claro contido social.
Para ampliar o coñecemento sobre o autor e esta exposición, pódese acceder nesta ligazón.
Máis eventos de tipo Exposición