Evento: Go home

Go home
sábado, 3 maio, 2025 - 19:30
Teatro da Beneficencia,
Ortigueira
Espectáculo de Etiqueta Negra Producciones

GO HOME conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación.
Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Transeúnte
30 de abril, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Chafallas, a vendedora de fume
2 de maio, 20:00
Centro Social Abanqueiro - Boiro - A Coruña
O dragón de ouro
2 de maio, 20:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Dance Join
2 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo