Evento: O asasino do tango

O asasino do tango
sábado, 9 decembro, 2023 - 19:30
Teatro da Beneficencia,
Ortigueira
Espectáculo de música a cargo de Ensamble IULIUS XIII

Concerto dedicado ao gran compositor arxentino Ástor Piazzolla, pouco despois de cumprirse os 100 anos do seu nacemento. Un artista que aínda hoxe segue suscitando unha gran polémica. Mentres que para uns foi «o asasino do tango», para outros foi «o gran Ástor». Odiado ata no ámbito da música académica, chegou con todo a converterse nunha estrela mundial e embaixador cultural do seu país.

Gozaremos dalgunhas das súas obras máis famosas en versións vocais e instrumentais a cuarteto do Ensamble IULIUS XIII.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Trogloditas
21 de novembro, 10:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Trogloditas
21 de novembro, 12:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
O espírito de Vania
21 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
As peripecias de Xurxo
21 de novembro, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña