Evento: Falar por falar

Falar por falar
xoves, 25 abril, 2024 - 20:15
Edificio Multiusos,
Monforte de Lemos
Espectáculo de teatro a cargo de Volta e Dalle Teatro

UN ESPECTÁCULO SOBRE A LINGUA:

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos  de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala, e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso "Falar por Falar" proponnos un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sophie non é o meu nome de guerra
22 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
A metamorfose
22 de novembro, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
As que limpan
22 de novembro, 20:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
22 de novembro, 20:30
Auditorio Casa da Cultura - Vimianzo - A Coruña