Evento: Peza do mes: Molde de fundición. Castro de Castromao

  • Portada da publicación da Peza do Mes de setembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Molde de fundición. Castro de Castromao
mércores, 13 setembro, 2023 a sábado, 30 setembro, 2023
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Molde de fundición. Castro de Castromao

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor. A presentación terá lugar na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

O obxecto protagonista deste mes é un fragmento de molde de esteatita, para fundir barras, pranchas e tortas de diferentes tamaños, un obxecto que testemuña o preciso dominio das técnicas da metalurxia (pola súa forma) e unha importante rede de intercambios a media distancia (xacementos de esteatita).

A peza é unha valva de fundición de esteatita de forma rectangular que ten tallados catro dos seus lados; os dous maiores abertos para barras, pranchas e tortas, e os menores para lingotes de diferentes anchuras e grosores.

Este molde foi achado na escavación da croa do castro, realizada en 1978 por Francisco Fariña e dátase arredor dos séculos V-III a. C; as súas dimensións son 8,3 x 6,8 x 4,2 cm. Forma parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense co nº de inventario CE005208/66.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características estilísticas e filiacións, o estudio pormenorizado do material empregado así como no contexto arqueolóxico no que se levou a cabo o achado, nun estudio a cargo, neste caso, de Ana Mª Veiga Romero.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello