Evento: Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación

  • Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación
Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación
venres, 24 marzo, 2023 - 09:30
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación

Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Seguindo cos ciclos de conferencias que desde hai anos organiza o museo, nos que se reúnen especialistas de distintas disciplinas relacionadas co ámbito da Cultura para tratar un novo tema en cada convocatoria, queremos dedicar a presente edición á obra do artista malagueño. Para iso, contaremos coa presenza de responsables dos distintos museos picassianos, así como doutras importantes institucións vinculadas dalgunha maneira coa figura do pintor, para afondar e debater sobre distintos aspectos da súa traxectoria artística e vital. Trataríase, pois, non só de ofrecer novas perspectivas sobre a obra de Picasso, senón tamén de reivindicar e poñer en valor o papel dos museos como centros de documentación e investigación, e as súas relacións e intercambios con distintas institucións.

Programa do 24 de marzo

Mañá

  • 9:30 h PRESENTACIÓN OFICIAL DA XORNADA
  • 10:00 h Picasso, Branco no recordo azul
    • Malen Gual, Rubén Ventureira, Antón Castro (Comisarios da exposición)

PAUSA/CAFÉ

  • 12:00 h A arte alemá e Picasso. De Berlín a París
    • José Lebrero Stals (Director do Museo Picasso de Málaga).
  • 13:00 h O instituto e a cidade dos Picasso
    • José Ramón Soraluce (Arquitecto)

Tarde

  • 16:30 h Descifrando ao xoven Picasso: O proceso creativo desde a mirada da ciencia
    • Reyes Jiménez (Museu Picasso Barcelona)
  • 17:30 h Picasso e a fotografía
    • Violeta Andrés (Museo Picasso, París)

PAUSA/CAFÉ

  • 19:00 h Pablo Picasso: a formación literaria dun "poeta recentemente nado"
    • Rafael Inglada (Museo Casa Natal de Málaga)
  • 20:00 h A lección de debuxo: Picasso na Escola de Belas Artes da Coruña
    • Elena Pardo Antequera (Directora da Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso)

Inscrición:

Actividade gratuita. Prazas limitadas.

Inscrición en: actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Vigo Global Summit 2023
27 de xuño
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Vigo Global Summit 2023
28 de xuño
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Compostela Ilustrada
2 de novembro a 5 de novembro
Varios espazos
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo