Patrimonio: MONUMENTA

MONUMENTA

Andar con arte

Volve Monumenta apostando polas andainas como a mellor e más antigas das maneiras de descubrir o noso patrimonio. Do 30 de xullo ao 28 de agosto, o ciclo convértenos en camiñantes para explorar a marabillosa contorna natural que se ergue ao noso paso ao igual que os edificios históricos, relixiosos ou da revolución industrial. Todos conforman a nosa singularidade cultural e paisaxística.

...
Ler máis

Botamos a andar o 30 de xullo en Ferrol para coñecer o patrimonio marítimo  e retomaremos a camiñada en Caldas de Reis, para descubrirmos o patrimonio industrial dos vales Ulla-Umia. A Fonsagrada e as terras Do Burón serán obxecto da seguinte andaina, á que lle seguirá a da Ribeira Sacra e o seu patrimonio industrial e xeolóxico.

A milenaria vía romana que atravesa Rairiz de Veiga, o patrimonio natural e histórico das Salinas do Ulló e tamén do Miño serán outros dos protagonistas ciclo, que rematará o 28 de agosto cunha andaina que nos revelará a conexión de Monforte con Castela e Nápoles

 

Camiñade con Monumenta. Unha experiencia diferente de vivir e sentir o patrimonio!

 

Programación das oito andainas:

30 de xullo. Ferrol. Desembarco no Castelo de San Felipe (con inscrición previa)          

6 de agosto. Caldas de Reis. Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia

7 de agosto. A Fonsagrada. A Fonsagrada e as Terras de Burón (con inscrición previa)

15 de agosto. Parada de Sil. Patrimonio industrial e xeoloxía na Ribeira Sacra (con inscrición previa)

20 de agosto. Bande-Rairiz de Veiga. Contos de frontera e contrabando na Vía Nova

21 de agosto. Vilaboa. Camiños do sal: patrimonio histórico e Rede Natura nas salinas do Ulló

27 de agosto. Tomiño. O Miño: a raia da amizade

28 de agosto. Monforte de Lemos. A conexión de Monforte con Castela e Nápoles no século XVI

  • Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia
  • A conexión de Monforte con Castela e Nápoles
  • Patrimonio histórico e rede natura nas salinas do Ulló

Comparte