Evento: Desembarco no castelo de San Felipe

Desembarco no castelo de San Felipe
sábado, 30 xullo, 2016 - 10:00
Peirao de Curuxeiras, do Porto de Ferrol,
Ferrol

Desembarco no castelo de San Felipe

Andaina para coñecer o patrimonio marítimo dos portos

Esta andaina propón experimentar a mirada e a observación desde dentro do contorno privilexiado da ría de Ferrol. A súa configuración de porto natural ofrece un perfecto abrigo dos ventos dominantes e dos temporais, fronte ao inmenso Atlántico que agarda á volta do Cabo Prioriño.

O paseo ten como obxectivo desembarcar no Castelo de San Felipe, utilizando a súa entrada natural por mar, xa en desuso. Con esta experiencia, poderase comprender por que a ría foi elixida como lugar de asentamento desde os tempos antigos (dos castrexos, dos romanos, dos normandos) e por que, no século XVI, fronte aos ataques da Armada inglesa, se ergueron os castelos de San Felipe, A Palma e San Martiño, na bocana de ría, e a fixeron inexpugnable.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Rebeca Blanco Rotea, investigadora asociada do Grupo de Investigación Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela e colaboradora do INCIPIT e do CSIC. Xaquín Ferrer Cruz, arqueólogo ferrolán
cunha ampla experiencia en escavacións e restauracións por toda Galicia.

Inscrición previa: imprescindible inscrición, do 12 de xullo ao 29 de xullo, no web de Monumenta: https://galiciamonumenta.wordpress.com.
 

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Noites de verán no Museo Massó
9 de agosto
Museo Massó
Visitas guiadas no Museo Massó
10 de agosto
Museo Massó
Noites de verán no Museo Massó
16 de agosto
Museo Massó
Visitas guiadas no Museo Massó
17 de agosto
Museo Massó